Caramuxo teatro nace na Coruña no 2003 da man de Juan Rodríguez.
No 2007 pasa a formar parte do proxecto Laura Sarasola.
Nestes anos a compañía participa en diferentes mostras, feiras e festivais entre os que se atopan os seguintes:
Festas María Pita 2003, 2004, 2006 e 2007. A Coruña.
Festival Internacional Galicreques 2003.2006. Lugo.
Festival do Circo Circópolis 2003. Santiago de Compostela.
Memorial Ibán Toxeiro 2003. A Coruña.
IV Mostra de Teatro Clásico. Lugo.
Feira do Livro 2004. Monçao (Portugal).
Feira do Libro 2004. Tui.
Feira do Livro 2004. Montalegre (Portugal).
Festival A Cubela Cultural 2004. A Coruña.
I Mostra de Teatro de Rúa. Muros.
Festigal 2004. Santiago de Compostela.
V Feira do Humor. Pontevedra.
Domingos do Principal 2005. 2006. 2007. Pontevedra.
Sanfroilanciño 2005. 2006. Lugo.
Festiletras 2006. 2007. 2008. O Couto (Ponteceso).
I e II Mostra Internacional de Teatro de Rúa. Muros.
VII Mostra Internacional de Artistas na Rúa. Redondela.
Xira dos 125 anos do Teatro Galego.
Festival Internacional Galicreques 2007. Santiago de Compostela.
Salón do Libro 2008. Pontevedra.
II Festival Internacional de Títeres. Vilagarcía de Arousa.
XXX Mostra de Teatro Galego. Cariño.
Neste tempo produce os segintes espectáculos:
CONCERTO CONTO
O 16 de maio de 2003 estréase en Vedra (A Coruña) CONCERTO CONTO, un espectáculo en clave musical co que a compañía se presenta á escena galega. Na montaxe participa Juan Rodríguez como actor, acompañado polos músicos Germán Gundín e Alberto "Jandri". A través de tres contos e seis números musicais, Concerto Conto, como a vida mesma, énchenos de ledicias e tristuras, risos e sorpresas de todo tipo nun espectáculo en clave musical na que se mezclan diferentes estilos, cabaret, narración oral e teatro.
Durante a xira colabora con nos o percusionista Pablo Nistal.
Da montaxe realizáronse 17 funcións, sendo a última no Auditorio Municipal de Cariño (A Coruña).
A FESTA DO DRAGÓN
O segundo espectáculo foi unha montaxe de rúa estreada o 15 de xullo de 2003 na Coruña. A FESTA DO DRAGÓN conta a historia de M300 e M200, dous supereroes tamen chamados Cabaleiros de Galiux,que buscan salvar á poboación do terrorífico Dragón Zárdigot.
En clave de humor chega A festa do Dragón, na que o público é partífice desta disparatada aventura. Un espectáculo no que se conxuga a música, o teatro e a acrobacia, co clown e a comedia bufa, nun espectáculo cheo de guiños ó mundo do cómic e do cinema.
Na montaxe, dirixida por Juan Rodríguez, participaron Juan Rodríguez, Germán Gundín, David Loira, Ion Rivero, e Laura Sarasola.
Ademáis colaboraron Alberto "Jandri" e Pablo Nistal.
Realizáronse 19 funcións, sendo a última o 15 de outubro de 2004 en Mazaricos (A Coruña).
LAZARILLO
O 31 de xaneiro de 2004 estréase na IV Mostra de Teatro Clásico de Lugo LAZARILLO.
A montaxe dirixida por Juan Rodríguez conta con este e David Loira como actores e Germán Gundín e Alberto "Jandri" como músicos.
Ademáis colabora Brais Morán.
A compañía adapta o clásico español á realidade galega.
Da montaxe realízanse 23 funcións, sendo a última o 3 de xuño de 2005 en Sada (A Coruña).
En 2007 a compañía retoma o proxecto, desta volta con Xosé Manuel Esperante, Juan Rodríguez e Laura Sarasola, estreando o 28 de abril no Auditorio de Cangas (Pontevedra).
Na actualidade, o espectáculo segue xirando por toda Galicia levando realizadas máis de 35 funcións.
HISTORIA DUNHA SEMENTE:
O 3 de marzo de 2004 estréase na Coruña HISTORIA DUNHA SEMENTE, espectáculo que continúa en cartel.
A obra estreouse con Juan Rodríguez e David Loira. No 2006 David deixa a compañía para adicarse plenamente á danza e forma "Pisando Ovos". Entra Silvia Juncal e no 2007 Laura Sarasola pasa a formar parte da montaxe.
Da motaxe lévanse realizadas máis de 80 funcións, continuando ainda dentro do repertorio da compañía.
PÍO
O 24 de decembro de 2004 estréase no Teatro Ensalle de Vigo PÍO, a historia dun poliño que nace dun ovo perdido na inmensidade da verde fraga, rodeado de carballos e castiñeiros.
Pío é unha fábula chea de humor, tenrura e inxenuidade. A historia dun poliño, unha cria de ave que nace soa na fraga, sen ningún referente o que seguir, nun mundo que deberá ir coñecendo puoco a pouco ata atopar a súa propia identidade.
A historia creada, dirixida e representada por Juan Rodríguez foi representada 15 veces, sendo a súa última representación o 18 de decembro de 2006 no Auditorio Municipal de Laracha (A Coruña).
PEQUENO GRAN TEATRO
O 7 de xaneiro de 2005 estréase PEQUENO GRAN TEATRO, un espectáculo que conta a historia do teatro en so 50 minutos.
50 minutos en clave de humor para que os máis pequenos coñezan as memorias da vella arte de Talía.
Na montaxe participan Laura Sarasola e David Loira, dirixidos por Juan Rodríguez.
Por aquel entón Laura Sarasola viaxa a Madrid para perfeccionar os seus estudos de teatro na Escola Guindalera e a compañía decide pospor a continuidade da xira do espectáculo.
Da montaxe realízanse 8 funcións, sendo a última o 24 de xuño de 2005 no Centro Cultural de Vite, en Santiago de Compostela.
ANIMALIÑOS
O 3 de xuño de 2005 estréase na Coruña a segunda montaxe para rúa, ANIMALIÑOS. Dirixida por Juan Rodríguez e representada por él mesmo xunto con David Loira e Rut Balvís.
Un espectáculo no que se mezcla o teatro, a comedia, a danza, as acrobacias e diferentes técnicas circenses.
Unha familia de leóns que sae a pasear ó parque, un exército de bichos pao, unha pulga galega chamada Maruxa á que lle encanta comer churrasco e polbo á feira, monos bailaríns... todo pode ocorrer neste divertido espectáculo que involucra ó público dende o primeiro momento.
Unha fábula sobre a liverdade e o respeto ós animais.
Fixéronse 30 funcións, sendo a última o 29 de agosto de 2006 en Valdoviño.
GLUB, GLUB
O 21 de outubro de 2005 estréase na Casa da Cultura de Sada (A Coruña), GLUB, GLUB, o primeiro espectáculo galego de teatro para bebés de 6 meses a 3 anos.
Escrita, dirixida e representada por Juan Rodríguez, conta a amizade entre un barco de papel afundido no mar e un peixe xoguetón.
A montaxe, que foi elexida para celebrar os 125 anos de Teatro Galego, continua en xira.
O espectáculo segue dentro do repertorio da compañía levando representadas máis de 50 funcións.
THÉÂTRE VARIÉTÉS
A terceira montaxe de rúa da compañía estréase o 15 de agosto de 2006 na Coruña.
THÉÂTRE VARIÉTÉS é un espectáculo de variedades para tódolos públicos, conta a historia dunha vella compañía de variedades francesa que ten que pechar as súas portas e dar o derradeiro espectáculo ante o seu público.
Na montaxe participaron Laura Sarasola, Silvia Juncal e Juan Rodríguez, incorporándose no 2007 Jose Losada.
Realizáronse 34 funcións, sendo a última o 31 de agosto de 2007 no concello de Negreira (A Coruña)
LA VIE EN ROSE
O 24 de novembro de 2006 estréase en Culleredo (A Coruña), e por encarga do Consorcio de As Mariñas, a obra LA VIE EN ROSE, con Juan Rodríguez e Laura Sarasola. Un espectáculo que trata o tema de xénero, realizado para educar no respeto ó outro en igualdade, evitando estereotipos.
Da montaxe realizáronse 35 representacións, sendo a última o 21 de maio de 2008 no Liceo de Betanzos.
VAGAMUNDOS
O 6 de xullo de 2007 estréase na II Mostra Internacional de Teatro de Rúa de Muros (A Coruña).
VAGAMUNDOS é unha comedia sen palabras protagonizada por Juan Rodríguez e Laura Sarasola.
O espectáculo segue no repectorio da compañía tendo representadas máis de 20 representacións.
ZAPATOS
O segundo espectáculo para bebés realizado pola compañía estréase o 15 de novembro de 2008 en Teo.
A montaxe para rapaces de 1 a 4 anos conta as historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono e está escrita e dirixida por Juan Rodríguez, sendo representada por Laura Sarasola.
O espectáculo está de xira por toda Galicia.
|
 |  |  |  | | CONCERTO CONTO |  | LAZARILLO 2004 |  |  |  |  |  | | ANIMALIÑOS |  | A FESTA DO DRAGÓN |  |  | |  | | THÉÂTRE VARIÉTÉS | |  |
|